190 centros educativos asinaron esta mañá os contratos-programa coa Xunta

Pontevedra> 190 colexios e institutos de Pontevedra asinaron esta mañá os contratos- programas coa Xunta. Estes centros contarán con cun total de 434 iniciativas diferentes nas seis liñas de actuación que compoñen a convocatoria. A liña máis solicitada continúa sendo o acompañamento escolar fóra do horario lectivo. 

 

Segundo o conselleiro de Educación a provincia de Pontevedra é a que máis aposta de Galicia polos contratos- programa que lanzan dende a Xunta. Unha iniciativa que conta cun total de 434 actividades e con seis liñas de actuación que compoñen a convocatoria: acompañamento escolar fóra do horario lectivo, mellora das competencias clave, mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, mellora do nivel de coñecemento para acadar a excelencia e mellora da calidade na xestión dos centros. 

A Xunta aporta un total de 102 docentes de apoio para formalizar estes contratos-programa. 

Antes desta sinatura docentes e políticos mantiveron un minuto de silencio para amosar a súa repulsa ante o crime de violencia machista que tivo lugar na fin de semana no Carballiño. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/sinaturas_educacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/sinaturas_educacion.mp4{/flowplayer}