Pontevedra conmemora o Premio da Cultura Galega 2016 do Museo

Pontevedra> O deputado de cultural e o director do Museo de Pontevedra presentaron esta mañá o acto institucional que terá lugar este sábado no Sexto Edifico ás 19:00 da tarde. O motivo deste festexo é o de conmemorar o premio da Cultura Galega 2016 que lle se outorga ao Museo. Unha cita á que todo o mundo está convidado previa retirada da súa invitación na Deputación ou no propio museo. 

 

Todos listo para conmemorar o Premio da Cultural Galega que se lle outorgou pola súa labor ao Museo de Pontevedra. O director desta entidade ten claro que se trata dun premio colectivo e repartido entre todos os que traballan polo ben da cultura deste edificio. 

Pola súa banda dende a Deputación quixeron organizar este evento co fin de celebrar coa cidadanía un premio destas características. 

Un acto institucional que comezará ás 19:00 da tarde no Sexto Edificio e que terá unha duración aproximada de unha hora e media. A entrada será de balde previa retirada dunha invitación na deputación ou no propio museo de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/premio_museo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/premio_museo.mp4{/flowplayer}