Non hai pechada ningunha liña de investigación no caso de Diana Quer

Pontevedra> O delegado do Goberno en Galicia falou esta mañá sobre as investigacións do caso de Diana Quer. Santiago Villanueva dixo claramente que non hai pechada ningunha liña de investigación. O delegado sabe que se trata dun caso que avanza moi pouco a pouco e dixo que isto se debe a enorme complexidade e sensibilidade que esperta esta desaparición.  

 

O caso de Diana Quer segue baixo o segredo de sumario, sobre a mesa, poucas pistas de por onde estarán indo as liñas de investigación sobre esta desaparición. O delegado do Goberno en Galicia dixo esta mañá que ningunha das liñas abertas dende un comezo está pechada. E lembrou que o móbil da desaparecida continúa sendo unha parte importante neste caso. 

En relación a presenza de feirantes no momento da desaparición de Diana Quer o delegado do Goberno volveu a insistir en que esa liña, ao igual, que o resto seguen abertas, que continúan traballando para recoller o máximo número de datos posible e que ningunha actuación pode poñer en perigo algunha das informacións relevantes deste caso. 

Santiago Villanueva é consciente de que a investigación avanza moi pouco a pouco debido a que se trata dun tema moi complexo e que esperta unha enorme sensibilidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/investigacion_diana_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/investigacion_diana.mp4{/flowplayer}