Pontevedra acolle a primeira Gamificación Jam Galicia

PONTEVEDRA> Este sábado a Casa da Luz acollerá a primeira Gamificación Jam Galicia na que se tratará de explicar a profesionais de distintos sectores que a introdución de técnicas de xogo pode aumentala produtividade e mellorar a aprendizaxe.

 

A Gamificación chega a Galicia para dar a coñecer en Pontevedra novidosas técnicas que introducen os elementos e características do xogo en actividades educativas pero tamén noutros moitos sectores.

Para aprender este tipo de técnicas organízase a Gamificación Jam Galicia que dende as 10 da mañá na Casa da Luz reunirá a docentes e outros profesionais que vivirán eles mesmos unha experiencia na que o xogo motiva a aprendizaxe saíndo do formato habitual de ensino.

Esta xornada que ten un custe de 10 euros e na que os interesados se poden inscribir na páxina web da mesma será retransmitida por streaming para profesionais de toda España.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/ptac_jam_galicia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/ptac_jam_galicia.mp4{/flowplayer}