Chega o primeiro gran temporal do inverno

    BARBANZA> Xa está aquí o primeiro gran temporal  do inverno. O Ministerio de Fomento declarou xa a alerta vermella nas Rías Baixas por fortes ventos e ondas de ata doce metros. Durante a xornada de hoxe houbo incidencias que non revestiron danos relevantes, pero o peor agárdase para esta madrugada. 

     

    As Rías Baixas comezaron xa esta noite a sentir a primeira das grandes borrascas que nos visitarán durante este primeiro temporal. Un vento suroeste de forza 7 e 8, que alcanzou rachas en momento puntuais de 100 quilómetros hora. Por este motivo Galicia está xa en aviso vermello por temporal no mar, fortes ventos e precipitacións. Agárdanse ondas de ata once metros, que fixo que a flota quedase amarrada durante esta xornada. Esta era a imaxe que amosaba o porto de Ribeira este mediodía. A acumulación de chuvias chegaba hoxe ós 15 litros por metro cadrado nunha hora. De momento as incidencias rexistradas non son de gravidade. Pontevedra foi a provincia máis afectada con 36 incidencias registradas, seguida da Coruña con 21. En Boiro, esta mañá protección civil tivo que retirar unha árbore do Patio do Colexio Praia Xardín, que o forte vento desenraizara pola noite. Hoxe, os alumnos non saíron ó patio durante o recreo por precaución, ó igual que na maioría dos centros. Protección Civil de Ribeira tivo que actuar na recollida de ramas, colectores ou sinais tiradas polo vento, ó igual que os efectivos da Pobra. O dispositivo de emerxencias contra o temporal está activado, con especial incidencia nas zonas de litoral. Pero é importante tamén que a cidadanía extreme as precaucións para evitar situacións de perigo. O aviso vermello está activo desde a tres desta tarde e  continuará ata o venres. A partir de ahí agárdase que pase de vermello a laranxa. Ata ese momento é moi importante ter en conta as recomendacións para evitar calquera risco. O aviso vermello manténse durante esta madrugada, pero agárdase que de cara á fin de semana o temporal vaia remitindo de xeito gradual.