O domingo Poio acollerá o XI Campionato de Dúatlon Cros

Pontevedra> Este domingo 5 de febreiro Poio inaugura as súas citas deportivas co undécimo Duatlón Cros en Samieira. Un evento no que os seus 70 participantes deberán facer un total de 9 quilómetros correndo a pé e 19 e medio en bicicleta. Nesta edición a proba está ademais catalogada como Campionato Galego especialidade deportiva. 

 

Este domingo Poio inaugura a súa axenda deportiva coa celebración da undécima edición do Duatrlón Cros. Unha proba moi importante que este ano se engloba dentro do Campionato Galego desta especialidade. 

Unha cita organizada polo Club Ciclista Triatlón de Poio e onde os preto de 70 atletas que están inscritos deberán facer 6 quilómetros correndo a pé, 19,5 quilómetros en bicicleta para rematar o percorrido con outros 3 quilómetros de carreira final a pé. 

Dende a Federación Galega de Triatlón tamén destacaron a importancia desta proba para o deporte galego. 

Dende a organización dixeron que pese as inclemencias meteorolóxicas tentarán ter o terreo nas mellores condicións posibles. Unha proba que partirá ás 11:00 da mañá dende as inmediacións do campo de fútbol de Samieira. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/duatlon_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/duatlon_poio.mp4{/flowplayer}