PORTO DO SON> As conselleiras de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e Mar, Rosa Quintana, deron a coñecer esta mañá o proxecto de recuperación da praia sonense do Cruceiro.
A actuación ten coma finalidade poñer en valor a zona entre o espigón, a avenida de Galicia e o parque, mediante o fomento e consolidación das dunas e a organización de accesos ó areal a través delas.
A Xunta prevé sacala a licitación xa ó longo deste mes de maio, aínda que as obras comezarán a executarse despois do verán, co fin de non crear molestias ós usuarios do areal durante a tempada estival.
Pola súa banda a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou a importancia desta obra de recuperación da praia, un exemplo da aposta que fai o Goberno Galego polo ‘fermosismo’ e o respecto polo medio ambiente.
O importe da actuación ascende a preto de 263 mil euros, dos cales o 70% serán aportados pola Consellería de Medio Ambiente, e a cantidade restante será asumida polo concello sonense.