Pontevedra xa ten TDT LOCAL

TDT Local en Pontevedra, canle 29 UHF

TDT>  Pontevedra xa ten televisión local en TDT. Tras varios anos dende o peche de Localia, Pontevedra volve a ter unha emisión de televisión local na TDT. Canal Rías Baixas en 2015 resultou adxudicataria dunha licenza de TDT Local para a demarcación de Pontevedra e tras meses de xestións, inicia as súas emisións en probas dende o repetidor de Tomba, na Caeira.

A Sete Canal Rías Baixas, leva varios meses cubrindo a diario a información social e política máis relevante da capital da provincia, Pontevedra.  Dende o pasado mes de novembro o facemos dende nuhas oficinas provisionáis sitas na rúa San Roque da cidade do Lérez.

A corto e medio prazo A Sete Canal Rías Baixas aposta por orientar a súa oferta televisiva hacia Pontevedra. Inicialmente os contidos que lle ofrecemos a tódolos pontevedreses son puramente informativos, pero pouco a pouco iremos incrementando a nosa oferta de contidos propios para tódolos veciños da cidade, mantendo o idioma galego como o noso idioma principal, tal e como vimos facendo dende 1994, data na que iniciamos as nosas emisións na comarca do Salnés.

Consellos e pasos para sintonizarnos na TDT:

  1. Facer unha búsqueda ou sintonización manual na canle 29 do noso receptor de TDT ou televisor.
  2. Unha vez atopado o noso sinal, memorizar no número 7 do teu mando a distancia.
  3. Se non é capaz de sintonizarnos solicite a axuda dun familiar habituado os menús do seu televisor ou contacte co seu técnico de confianza.