Aberto o prazo de inscrición para o Pont Up Store

PONTEVEDRA> Aberto o período de inscrición para o Pont Up Store: un espazo para emprendedores creado en Pontevedra e aberto a cidadanía, xa que terá lugar en plena praza de España. Os días 22, 23 e 24 de setembro e de forma gratuíta aqueles interesados poderán presentar os seus proxectos, ter un stand ou participar en diversas charlas e coloquios.

 

Tralo éxito das dúas edición anteriores esta mañá presentábase en Pontevedra o Pont Up Store: espazo de emprendemento. Os seus organizadores, co apoio do concello, a universidade de Vigo e varios dos patrocinadores, amosaban varias das novidades deste ano que terán lugar do 22 ao 24 de setembro.

As inscricións para facerse cun stand gratuíto e a participación en actividades de dinamización poden realizarse ata o 30 de xuño. Para o Puntazo Express deberán esperar ata setembro, do 1 ao 15 dese mes.

Dende a universidade quixeron resaltar a importancia deste tipo de proxectos dentro do entorno educativo que prepara aos mozos para o salto ao mundo laboral e dende o concello o valor que ten sacar este tipo de iniciativas á rúa para darlles unha maior visibilidade

Todos pretenden consolidalo como cita referente para o emprendemento en Galicia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/01/pop_up_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/01/pop_up_pontevedra.mp4{/flowplayer}