POIO> Impulso ao polígono de Fragamoreira, en Poio. O DOG publica hoxe a aprobación inicial do seu Plan estruturante, instrumento que posibilitará a urbanización da zona. O polígono terá unha superficie de 373.000 metros cadrados e contará cun investimento da Xunta de case 30 millóns de euros. Esta mañá a conselleira de Economía e Industria mantivo un encontro con empresariado da zona. Alí avanzou que a previsión é que as obras se poidan licitar na segunda metade de 2027.
O DOG publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque empresarial de Fragamoreira, en Poio.
Declaracións da conselleira de Economía e Industria en Poio logo dunha xuntanza con empresariado da zona para dar conta dos detalles do futuro polígono. Lorenzana agarda que a aprobación definitiva do proxecto chegue axiña para que as obras se liciten na recta final de 2027.
O polígono terá unha superficie de 373.000 metros cadrados e contará cun investimento da Xunta de case 30 millóns de euros. No encontro, o alcalde salientou a localización estratéxica do futuro polígono.
Pero lembra o alcalde, para que o polígono sexa unha realidade, é fundamental o novo contrato da auga.
O rexedor e a conselleira salientaron que de cara a construción do polígono o que se busca é traballar da man do empresariado interesado para urbanizalo adaptándoo ás súas necesidades de superficies ou parcelas, adaptando o polígono á propia demanda das empresas que se vaian asentar nel.










