Meis estuda solicitar a declaración de ‘zona catastrófica’

    MEIS> Tres días despois do paso do forte temporal que azoutou o venres a comarca de O Salnés, goberno local e afectados continúan facendo balance dos danos. Segundo o alcalde, os estragos están a ser avaliados por técnicos do concello, que non descarta levar a situación á Xunta e pedir a declaración de zona catastrófica.

    Esta mañá os veciños continuaban traballando para volver á normalidade despois do forte temporal que azoutou o concello de Meis o pasado venres, o máis afectado polos efectos de Kurt e Leiv.

    Especialmente duros foron os efectos en San Martiño de Meis e no seu entorno, zona cero do temporal. Sobre todo destacan o fenómeno eólico que se deu entre as 4 e media e as 5 da madrugada do venres.

    Ante esta situación, o concello está a estudar a posibilidade de solicitar que Meis sexa considerado ‘zona catastrófica’ por parte da Xunta de Galicia.

    Así o concello avanza nas xestións para conseguir que Meis volva á normalidade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/meis_despois_temporal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/meis_despois_temporal.mp4{/flowplayer}