O cole de Rubiáns premio nacional de Xestión Medioambiental

    VILAGARCÍA> A comunidade educativa do colexio de Rubiáns está de noraboa. O seu centro foi premiado polo Ministerio de Educación como premio nacional de Xestión Ambiental. Unha distinción que reciben por segundo ano consecutivo neste centro educativo vilagarcián. 

     

    Que o colexio de Rubiáns non é un cole calquera xa se sabe dende que un atravesa a porta da entrada. Un sen fin de cores invaden os seus xardíns e os seus corredores. Alí mestres, cativos, e pais levan a cabo unha labor digna de recoñecemento, e iso é o que ven de facer o Ministerio de Educación, que outorgou a este centro educativo de Vilagarcía, o premio nacional de Xestión Ambiental. Un recoñecemento que enche a comunidade de satisfacción. 

    Un recoñecemento ao traballo continuado que dende o centro se fai para involucrar e concienciar aos máis cativos nas responsabilidades que deben adquirir. Ademais este non é o primeiro premio que reciben, no 2015 tamén o recibiron, aínda que por un proxecto diferente. 

    Esta non é a única iniciativa que levan adiante neste centro educativos, que destaca pola importante labor que nela desenrolan en diferentes áreas. 

    O “Bosque de Sabela” conseguiu para este centro o distintivo nacional, e 10.000 euros. Este proxecto xa fora recoñecido cun accésit nos galardóns Proxecta, da Xunta de Galicia. 

    Un premio en metálico que axudará a equipar o centro, pero sen dúbida un recoñecemento que apoiar unha vez máis a boa sintonía, vontade e capacidade de traballo que hai no CEIP de Rubiáns. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/premio_colexio_rubians_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/premio_colexio_rubians.mp4{/flowplayer}