Preocupante situación epidemiolóxica na Illa de Arousa cunha incidencia acumulada por riba dos 500

A ILLA> Dentro destes concellos, o da Illa de Arousa é o que máis preocupa. A vila rexistra hoxe 32 positivos e unha incidencia acumulada por riba dos 600. Dende o goberno local agradecen a celeridade da xunta coa realización do cribado e piden á veciñanza que cumpra todas as medidas.

Os casos activos por covid disparáronse nos últimos días nos concellos de Vilagarcía, Cambados, Vilanova e A Illa. Un aumento que leva ao Sergas a situar aos catro municipios no nivel alto de restricións sanitarias. insular o que máis preocupa. Nunha semana a vila pasou dos 2 casos activos aos 32 do día de hoxe.

Dende a vila son conscientes que o golpe máis duro será para a hostalería.

O goberno local agradeceu a celeridade da xunta para realizar un cribado na vila entre a poboación máis moza. As probas comezaron no día de hoxe e continuarán no día de mañá. Dende A Illa piden a todos os citados que acudan ao cribado.

Agardando a publicación do Doga para coñecer todas as medidas, o goberno local pide á veciñanza que as cumpran para dar a volta a situación canto antes.

A Illa de Arousa é un dos municipios máis turísticos da comarca do Salnés. As restricións chegarían nun momento clave para o sector, especialmente para os chiringuitos das praias cuxo tempo de traballo son os meses de verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí