Arde unha lancha ‘lanzadeira’ de narcotráfico fronte á Illa de Arousa

    A ILLA > A Garda Civil investiga o incendio dunha lancha na ría de Arousa. A planeadora, probablemente adicada ó narcotráfico, ardeu esta madrugada na zona de Cabodeiro. Logo de case dúas horas a ‘lanzadeira’ sucumbiu ás lapas e afundiuse a 150 metros da praia entre o peirao de Cabodeiro e a ponte…

    … A policía científica acudiu ó lugar a recoller probas e segundo o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, hai abundantes pistas polo que poderían efecturase detencións nos vindeiros días.

    planeadoraqueimadarestos200_220307.jpgArredor das 6 da mañá os veciños de Vilanova alertaron á Garda Civil da existencia dun incedio no mar no que en principio parecía ser unha batea. No lugar dos feitos, a praia entre o peirao de Cabodeiro e a ponte de A Illa, personáronse varias embarcacións das forzas de seguridade do estado. Logo de case dúas horas ardendo, a lanzadeira, un modelo de lancha habitualmente utilizada para o narcotráfico, afundía a uns 150 metros da praia deixando na superficie da auga unha importante mancha de gasolina e virutas queimadas.

    planeadorainvestigacion200_220307.jpg

    Ó longo da mañá, a policía científica recolleu probas e inspeccionou os vehículos que supostamente foron utilizados para botar ó mar a ‘lanzadeira’. No tractor usado, supostamente para mover a embarcación había restos recentes de algas. Na nave ó seu carón quedaban marcadas as pisadas das rodas. Abandonado na praia a policía atopaba un remolque do tamaño axeitado á planeadora queimada, con importantes danos e recentes pegadas na area do que obtiveron mostras dactilares.

    Investigación aberta

    Xa ó mediodía personábase no lugar o corpo subacuático da Garda Civil para realizar unha prospección da zona do afundimento en busca de máis probas, aínda que o seu refrote mostrábase complicado porque segundo o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, os restos atópanse a maís de 15 metros de profundidade. Fernández non descartou ningunha liña de investigación e asegurou que a Policía dispón de interesantes pistas polo que non se descartan posibles detencións. Xa ó mediodía personábase no lugar o corpo subacuático da Garda Civil para realizar unha prospección da zona do afundimento en busca de máis probasaínda que o seu refrote mostrábase complicado porque segundo o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, os restos atópanse a maís de 15 metros de profundidade.

    planeadoraqueimadainvestigacion200_220307.jpgTrátase dunha lanzadeira das usadas polas organizacións de narcotraficantes para a introducción de droga en terra, segundo informaron fontes policiais. A embarcación, de nove metros de eslora e con tres motores de gran potencia. No seu interior non foi atopada droga e, segundo confirmou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, barállanse varias opcións: que sexa unha embarcación usada para unha descarga e que non deu tempo a gardar, ou que se tratara dun accidente, xa que Salvamento recibiu unha petición de socorro ás 4 da madrugada que se está a investigar.

    Redacción Salnés