Meis despide ao pequeno Leo

MEIS> Meis despide ao pequeno Leo. O bebé, que sufría unha enfermidade rara, faleceu nas últimas horas. Había tan só un mes e medio que fora sometido ao transplante de pulmón que precisaba. Sufría un déficit de proteína B, qu elle impedía respirar de forma autónoma.

Toda a localidade chora a súa perda. De feito, como mostra de pesar, o Concello decediu suspender os actos que tiñan organizados onte para celebra-lo Magosto. O caso de Leo desatou unha vaga de solidariedade en Meis. De feito, estas imaxes que están a ver corresponden a unha iniciativa solidaria impulsada polo Colexio do Mosteiro, o Solifesti, para recaudar fondos para a familia.

A súa situación, ademais, permitiu que a Xunta mudase os seus criterios e acabase abríndose a cubri-los gastos de desprazamentos para este tipo de casos. Porque Leo tivo que ser tratado en Barcelona e a súa familia era a que tiña que asumir non só o traslado ata alí, senón tamén a manutención e aloxamento na cidade.

A través das redes sociais, a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, amosaba o seu apoio á familia nestes momentos, nunha publicación que remata cun “voa alto noso Leo”. Nesa mesma mensaxe, era a propia alcaldesa a que anunciaba a cancelación do magosto e unha representación de teatro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí