POBRA> O BNG da Pobra presentou esta mañá no concello unha soliticitude para mellorar o pésimo estado no que se atopa o asfalto da Rúa Xerardo Fernández Albor e os accesos ós aparcadoiros da zona portuaria da vila. As enormes fochancas, denuncian, están a causar graves problemas ós cidadáns.
A primeira hora desta mañá o bng pobrense presentaba a solicitude no consistorio para o arranxo inmediato desta rúa Xerardo Fernández Albor e a súa continuidade ata o Paseo deo Areal. Os nacionalsitas piden que o goberno local se poñan en contacto coa autoridade competente para solucionar este problema. Ó mesmo tempo, o BNG quixo destacar en relación a este tema, que o próximo día 12 de febreiro vaise celebrar o Campionato Galego de Marcha en Ruta na Pobra do Caramiñal. Parte do seu percorrido pasará por esta rúa, concretamente fronte ó edificio de usos náuticos. Os concelleiros do BNG pide que este contacto co organismo competente por parte do concello, enténdese que Portos de Galicia, se realice de xeito inmediato. E que en caso que a xestión coa administración no pemirte un arranxo de forma urxente, solicitan ó goberno municipal que de “motu propio” o concello pida un permiso para acometer estas melloras eles mesmos, para evitar as situacións de risco que pode provocar o estado deste asfalto.