RIANXO> A Comunidade Educativa do CRA de Rianxo decidiu manter a convocatoria prevista para mañá venres ás cinco da tarde na praza do Concello, aínda que a finalidade será ben diferente á prevista nun principio. Non terá un carácter reivindicativo senón todo o contrario. Será máis ben unha festa, despois de que a consellería de Educación lle confirmara nas últimas semanas a derogación da Orde publicada no DOGA do pasado 6 de Agosto, polo que o centro permanecerá coa mesma composición de cara ó vindeiro curso coa que conta actualmente.
Dende o Concello destacaron esta boa nova.
No último pleno a corporación municipal aprobaba tamén por unanimidade unha declaración institucional de apoio a toda a comunidade educativa do C.R.A. de Rianxo, expresando a súa satisfacción porque a Xunta decidira finalmente reverter a súa decisión anterior e manter a oferta educativa de cara o vindeiro curso.
A corporación rianxeira respalda tamén o modelo educativo que encarna o C.R.A. de Rianxo, polos valores nos que se sustenta: proximidade ás familias e ás parroquias, e tamén coma modelo aberto á comunicación e interacción coa contorna.