As pesetas cobran vida na parafarmacia de Mario Simón

Pontevedra> Se aínda posúe diñeiro en pesetas debe saber que pode pagar nesa moeda nalgún establecemento de Pontevedra. Concretamente na Parafamacia de Mario Simón situada na rúa Cruz Gallástegui. O seu propietario asegura que unha vez ao mes sempre hai alguén que aparece con pesetas para pagar a súa compra. 

 

Parece incrible pero é certo, na parafamacia de Mario Simón aínda seguen aceptando as pesetas para realizar a túa compra. 

Neste momentos son menos as persoas que utilizan as pesetas para pagar… pero houbo un tempo en que era moito máis habitual do que pensamos. 

Agora nótase que son menos os nostálxicos que continúan tendo na súa casa pesetas, algo que nota o propietario deste establecemento pontevedrés, xa que ten que ir moito menos a realizar o cambio no Banco de España situado na Coruña. 

Anécdotas ten milleiras nestes anos de historia, unha delas chegou dende Meis onde un matrimonio que rexentaba un bar tiña moitos cartos por cambiar. 

Mario Simón quere deixar moi claro que a súa Parafamacia non é un lugar de cambio, é un establecemento onde pode pagar a súa compra en pesetas. E poderán facelo ata o mes de novembro do 2020. Un ano no que co seu remate pecharase tamén a vida da peseta, non poderán cambiala, servirá unicamente para vender, se o precisan, como chatarra. E senon sempre poderá quedar cos esas moedas e billetes das pesetas no seu fogar como o recordo e lembranza daquela moeda coa que tanto se podía facer. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/pesetas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/pesetas.mp4{/flowplayer}