A Ruta do Viño xa ten cupón da ONCE

PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas xa conta co seu propio cupón da ONCE. A organización dedica a esta ruta enolóxica 5,5 millóns de cupóns, en recoñecemento á súa aposta pola accesibilidade para todas as persoas. O sorteo será o mércores 25 de maio.

 

O vindeiro 25 de maio, os que merquen un cupón da ONCE atoparanse ás Rías Baixas no boleto.

Deste xeito, a ONCE quere recoñecer a aposta da Ruta Rías Baixas a prol da accesibilidade. De feito, o percorrido figura na Guía de Rutas Enolóxicas de España Accesibles para todas as persoas. Un compromiso firme para a organización. 

A serie de Rutas Enolóxicas iniciouse o pasado seis de abril, e está composta por once cupóns de diario que irán reflectindo outras tantas rutas de toda España.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/cupon_once_ruta_vino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/cupon_once_ruta_vino.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí