Baño de masas para os Reis Magos á súa chegada a Pontevedra

PONTEVEDRA> Os Reis Magos foron sen dúbida os protagonistas da xornada en Pontevedra. Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron a cidade cunha intensa axenda que tivo como evento central a tradicional recepción no Pazo de Mugartegui. Longas colas e frío pero sobre todo moita ilusión para ter un momento coas Súas Maxestades antes da noite.

Máis dunha estrela do rock envexaría o recibimento que os Reis Magos tiveron esta mañá en Pontevedra.

Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron un auténtico baño de masas á súa chegada ao Pazo Mugartegui.

Xa a primeira hora da mañá chegaban as primeiras familias para ocupar o inicio da ringleira. Longas colas e frío pero sobre todo moita ilusión.

Ilusión e tamén moitas peticións. E do máis variadas.

Aquí ninguén quería perder a oportunidade de ter un momento coas Súas Maxestades.

Os Reis Magos agradeceron un ano máis o agarimo que sempre reciben dos veciños de Pontevedra. Unha achega importante de enerxía para a intensa noite que lles agarda.

Eles téñeno todo listo para celebrar unha das xornadas máis máxicas do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí