O Concello asegura que “non hai plans ocultos” detrás do peche de Raíña Vitoria

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá a Comisión de Mobilidade. Unha reunión na que non se debateu a proposta do PP sobre o plan de viabilidade do corte ao tráfico da Avenida Raíña Vitoria. Esta decisión foi criticada hoxe polos populares e foi respondida así polo edil Demetrio Gómez.

Así definiu hoxe o concelleiro de Mobilidade a actitude adoptada na última semana polo PP. Tanto os populares de Pontevedra como os de Poio criticaron nos últimos días a decisión de pechar o tráfico nesta rúa. Segundo eles, esta medida é un paso cara á implantación do sentido único na Ponte da Barca. Unha análise á que respondeu así hoxe Demetrio Gómez.

Co obxectivo de aclarar as medidas que se están adoptando nos últimos días no Concello, o edil de Mobilidade quixo facer fincapé hoxe no peche de Alfonso XIII.

Enmarcado tamén nas medidas de prevención da crise da Covid, Demetrio Gómez anunciou hoxe unha nova proposta. O instituto Valle Inclán solicitou utilizar unha parte do paseo de Montero Ríos para uso exclusivo dos seus alumnos.

Ao igual que acontece co peche de Alfonso XIII, esta medida foi trasladada xa á Consellería de Educación e podería entrar en vigor nos próximos días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí