Santiago Freire acusa á Marea de querer desacreditar ó goberno noiés

    NOIA> O alcalde de Noia considera pura estratexia política sen fundamento as críticas que recibiu por parte da oposición arredor das indemnizacións polas sesións no concello. Ante as cámaras desta casa quixo respostar así á Marea de Noia que acusou á actual executiva de establecer comisións abusivas polas Xestións do Goberno.   

      

     A comezos desta semana a Marea de Noia denunciaba que as comisións plas Xestións do Goberno eran abusivas. Habendo dúas comisións ó mes, dous dos concelleiros, os únicos con dedicación exclusiva, percibían por cada unha 150 euros. Santiago Freire, mandatario noiés, cualificou esta denuncia como unha patraña que ten como único obxectivo desacreditar a labor do goberno. Ademáis Freire explicou que as asistencias a Comisións de Coordinación, que na lexislatura pasada supoñía uns 250 euros por asistencia, está agora reducida a 150. O alcalde de Noia destaca que ó comezo da lexislatura, antes da moción de censura que o levou ó goberno, se celebraban moitas máis comisións informativas, máis plenos extraordinarios e polo tanto, había un maior gasto.