A Xunta de Persoal solicita mobilidade interna nos hospitais de Pontevedra

Pontevedra> A Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra non asinará a proposta da administración da mobilidade interna. Dende este organismo denuncian que hai 5 anos que non se convocan nin fan públicos os postos que quedan baleiros. O 5 deste mes manterán unha nova reunión para decidir que camiño emprender. A Xunta de Persoal, que representa aos traballadores dos Hospitais de Pontevedra, denuncia que dende a dirección dos centros non se están levando a cabo os procesos de mobilidade interna que indican as bases do convenio. Ademais tamén solicitan que se fagan públicas as resultas co fin de que se coñezan os postos que quedan vacantes. O vindeiro 5 de setembro manterán unha reunión para establecer as bases do camiño a seguir contra a proposta da administración da mobilidade interna.