O PP de Poio denuncia o pago dunha factura “sospeitosa” dende o concello da vila

POIO> O PP de Poio denuncia a falta de información e transparencia do goberno municipal da vila. O portavoz dos populares denuncia que o consistorio encargou un traballo a unha empresa de Teo podendo facelo nunha do concello, e ademais sinalan que o custe de dito traballo facturado supera en 1.400 euros, o presuposto que a mesma empresa lles entregou aos populares, por un suposto traballo nas mesmas condicións e mesma cantidade.

Un tríptico volve acender a polémica en Poio. Anteriormente, as supostas irregularidades no cobro dunha factura que ascendía a 30.000 euros, e que finalmente estaba mal feita, agora sumáselle outra factura, que para os populares de Poio, canto menos esperta a súa curiosidade.

O concello encargou un traballo a unha empresa de Teo, polo que esta facturou uns 1.800 euros. Unha cantidade que espertou certa desconfianza no grupo popular, que pediron un presuposto para o mesmo traballo e na mesma cantidade, cando descubriron que o custe final xiraba en torno aos 400 euros. Por iso decidiron poñer o seu descubrimento en coñecemento do concello.

Segundo os populares, non recibiron resposta, e a presidenta da Comisión de Cultura, onde preguntaron por este tema, ao tratarse dun folleto turístico, admitiu non coñecer os pormenores de esta contratación, ao estar feita directamente por Luciano Sobral, o alcalde de Poio.

Parece que a polémica está servida en Poio, e dende o PP da vila recoñecen que non pararán ata coñecer que está a pasar con esta factura.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/poio_polemica_factura_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/poio_polemica_factura.mp4{/flowplayer}