Constituída a comisión de seguimento da lonxa de Ribeira

    RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de constituír a comisión de seguimento da lonxa na que ademais de Portos de Galicia e a Consellería de Sanidade están representadas as asociacións locais de cerco, arrastre e artes menores así como compradores, exportadores e a administración da actual lonxa. Trala súa constitución, procederase nos próximos días a nomear ós representantes de cada un dos colectivos que serán os encargados de expoñer as dúbidas e inquedanzas de cara á entrada en funcionamento das novas instalacións. Neste primeiro encontro abriuse ademais a posibilidade de crear subcomisións específicas para abordar temas concretos, tal e como se vai facer cos exportadores. Trala xuntanza, medio cento de usuarios da nova rula tiveron ocasión de visitar as instalacións que entrarán en servizo proximamente.