Quítalle o pó ós prexuízos

    1024×768

    Normal 0 21 false false false

    POBRA> Mensaxes contra a violencia machista e en favor da igualdade para lembrar durante todo o ano. É a idea que promoveu o concello da Pobra coa realización do seu concurso de carteis para o impulso da igualdade, entre alumnos do instituto do municipio. Onte foia entrega de premios ás gañadoras.

      O talento  e a creatividade ó servizo da igualdade entre homes e mulleres. Iso demostraron as participantes no concurso de Carteis que impulsou a concellería de Igualdade da Pobra. E digo, as participantes, porque neste caso non houbo igualdade, tódalas alumnas que se apuntaron ó concurso foron rapazas do IES da Pobra. Unha mostra máis para entender o importante que é comezar a concienciar na loita contra a desigualdade de xénero, desde os máis novos, o obxectivo fundamental do concello con este concurso.  Para rachar cos estereotipos machistas é esencial traballar co alumnado dos institutos, pero tamén chegar a tódolos fogares. Por iso, o cartel gañador se imprimiu en calendarios, de parede e de peto, para que as mensaxes  cheguen á toda a cidadanía. E chegou a hora de coñecer o cartel gañador, e sobre todo a súa mensaxe.  Desde a concellería concederon antes unha mención especial á alumna Alicia Fernández, co seu cartel “a culpa non foi da mazá”. E o terceiro premio foi para…Elisa SAnmartín, coa mensaxe: Segundo premio do concurso, para o cartel de Marta Fernández, coa mensaxe “Homes cariñosos, mulleres fortes”.E o primeiro premio, que recibiu un talón con 150 euros, foi para ela, Rocío Santos. e a súa mensaxe: “Quítalle o pó ós prexuizos”.  Mensaxes que demostran que ademais de dote para a arte, estas mulleres do mañá teñen claros os seus dereitos, e que a igualdade, o respecto e a solidariedade son os valores que marcarán a sociedade do futuro. Ese, sen dúbida, é o mellor premio que se conseguiu no concurso.