Xa está en marcha o Punto de Encontro Familiar do Barbanza

RIBEIRA> A Conselleira de Política Social visitou esta mañá o Punto de Encontro Familiar do Barbanza. Estas instalacións, emprazadas en Ribeira, poñen ó servizo dos barbanzáns un recurso para atender ás familias en situación de alta conflitividade.

Xa está en marcha o novo Punto de Encontro Familiar do Barbanza que dará servizo a unha poboación de máis de sesenta mil habitantes. Trátase do oitavo de Galicia posto que ata o de agora só existía este servizo nas sete cidades principais. Co de Ribeira, a Xunta inicia o camiño para descentralizar este recurso estendéndoo as cabeceiras de comarca.

Nestas instalacións, emprazadas na zona do Touro, as familias disporán de espazos seguros para realizar a entrega de menores ou as visitas establecidas por lei nun proceso de separación. A fundación Meniños é a encargada da xestión do servizo que ten como principal obxectivo a atención ás familias e sobre todo ós nenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí