A música rock achegarase á Pobra este Nadal

    POBRA> Os concertos desenvolveranse este próximo venres 26 e o sábado 27 na praza do Emigrante a partir das dez da noite. Hai uns día presentábase a primeira edición do Nadal Rock. Unha actividade que forma parte da programación que o concello pobrense deseñou para animar estas festas de Nadal. Neste caso faise unha aposta polo rock da man de varios grupos da zona. Será os días 26 e 27 na céntrica praza do Emigrante. O venres 26, a partir das dez da noite, pasarán polo escenario Desarraigo, Golpe Radikal e Forraje. E o sábado actuarán Lulu, Caras B e Con cierto Descaro. Como estrela convidada estará tamén Javi Maneiro, integrante de Jabon Blue e de Heredeiros da Crus que presentará o seu novo traballo. Dende a organización agardan a que a convocatoria sexa un éxito. De ser así non se descartan novas edicións do Nadal Rock no futuro. Ademais o concerto terán un afán solidario xa que se realizará unha recollida de alimentos e xoguetes entre aquelas persoas que asistan ós concertos que lle será entregada a Cáritas para o seu reparto entre as familias máis necesitadas do municipio.