RIBEIRA> Galiza Nova anima a toda a mocidade da comarca do Barbanza a mobilizarse este xoves na folga estudantil para defender os dereitos dos alumnos e alumnas. O obxectivo é tombar a LOMCE e botar atrás o decreto universitario coñecido como “3+2”.
Na comarca do Barbanza a folga estudantil convocada por Erguer para este xoves 16 de febreiro contará con dous puntos de referencia.A mobilización de Ribeira sairá ás doce da mañá do IES Número 1, e rematará na praza do concello. E no municipio boirense, tamén a mediodía, haberá unha concentración na Praza de Galicia. Desde Galiza Nova entende que foi necesario saír á rúa en moitas ocasións para loitar contra a implantación da LOMCE. E así conseguiron finalmente paralizar as reválidas. Aínda así, consideran que quedan moitos aspectos desta Lei que son segundo afirman totalmente lesivas para o noso ensino. A responsable comarcar de Galiza Nova explicou que o Partido Popular, aprobou ademais o chamado decreto “3+2” no ensino universitario, e puxo o foco na petición de derrogación deste novo sistema. Desde Galiza Nova consideran que tanto a LOMCE como o decreto 3+2 atentan contra o dereito dos estudantes a un ensino galego, laico, de calidade, antipatriarcal e público. Para loitar contra isto animan ás dúas mobilización, en Boiro e Ribeira este xoves, e así dar voz ós dereitos dos estudantes.