O alumnado do CRA de Rianxo degusta un Almorzo Saudable

    RIANXO> 74 nenos e nenas do Centro Rural Agrupado de Rianxo participaron esta mañá na actividade Almorzos Saudables, coa que descubriron o beneficio que supoñen as conservas na súa dieta. A xornada forma parte da programación do CRA para o fomento de hábitos de vida saudable.  

     

    Estes son algúns dos almorzos habituais dos 74 nenos e nenas de infantil do Centro Rural Agrupado de Rianxo. Pero hoxe, na Aula Activa do municipio, cambiaron o chourizo…pola sardiña. E o resultadon foron estes “Almorzos saudables”. Isto é o que persegue esta actividade que hoxe realizaron estes alumnos rianxeiros, en colaboración coa empresa local de conservas Cortizo. Primero foi a parte teórica. E trala explicación teórica, chegou a práctica. Seguramente, a parte que lle quedou más clara a este cativos. A xornada de hoxe foi só a primeira das distintas actividades que confirman a programación do CRA de Rianxo na que mestura diferentes aspectos de cultura científica, produtos do mar e hábitos de vida saudables. A seguinte será en marzo. Unha aposta escolar polo coñecemento científico e medioambiental para achegarnos e aprender a respectar ó noso entorno e á nosa cultura, ó tempo que gozamos do sabor dun bo bocado.