O delegado da Xunta en Pontevedra visita o colexio de Sestelo Baión

    VILANOVA> O delegado da Xunta na provincia, José Manuel Cores Touris, acudiu  ao colexio de Sestelo-Baión, en Vilanova de Arousa, para comprobar como quedou o cambio da cuberta do teito. Un teito que se atopaba en moi mal estado, e que foi reformado pola Xunta, cunha achega de 60.000 euros. 

     

    Dobre celebración no colexio de Sestelo-Baión. Por un lado, este martes, cúmprense 27 anos dende que abrira as súas portas por primeira vez, e por outro estrea cuberta nova no seu tellado. Unha obra moi necesaria para este centro vilanovés, que a tiña moi deteriorada. 

    Unhas obras executadas pola Consellería de Educación, e que se financiaron cunha achega de preto dos 60.000 euros. 

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán agradeceu esta reforma e destacou a importancia da colaboración das institucións para mellorar os centros educativos galegos. 

    A Consellería de Educación investiu, nos últimos anos, uns 600.000 euros en melloras nos centros de Primaria e Secundaria da localidade. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/cambio_cuberta_baion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/cambio_cuberta_baion.mp4{/flowplayer}