POBRA> O Partido Popular da Pobra deu a coñecer o seu programa nun acto aberto á cidadanía. Destacan como principais eixos, as políticas de creación do emprego, os servizos sociais e a dinamización do rural. O salón de actos do Instituto Social da Mariña da Pobra quedouse pequeno para acoller ó gran número de militantes que acudiron ó acto de presentación do programa electoral do Partido Popular. O candidato, Manuel Durán, debullou as principais liñas que conforman a proposta coa que pretende gobernar se accede á alcaldía. Pasan principalmente pola creación de emprego e os servizos sociais. Tamén a posta en valor dos núcleos rurais ocupa un lugar destacado coa mellora das comunicacións para impulsar o seu desenvolvemento. Manuel Durán quixo ademais recoñecer o labor dos seus antecesores no partido e agradeceu o traballo que están a realizar todos e cada un dos novos membros que compoñen a actual candidatura.
Inicio Barbanza - Muros - Noia