O pósito rianxeiro abrirá a próxima semana as concesións de Tanxil

    RIANXO> Os mariscadores de a flote confían en que tanto as capturas como os prezos sexan favorables, salvando en parte, o mal ano que padeceu o sector. A confraría de Rianxo abrirá a próxima semana a zona reservada de Tanxil para o marisqueo a flote. As mostraxes realizadas nas últimas semanas non son demasiado optimistas en canto ás capturas, aínda así hai confianza en que os prezos posteriormente en lonxa acompañen, permitindo ós produtores poder sacar un salario digno. En canto ó marisqueo a pé, as mulleres alternarán en varias praias segundo as mareas. O patrón maior recoñece que o furtivismo segue a ser o seu principal cabalo de batalla. O Nadal é a peor época do ano na que os ilegais aumentan a súa presenza nos areais debido a que a demanda de marisco durante estas datas aumenta considerablemente. Segundo Miguel Ángel Iglesias a única fórmula de combater esta lacra é tratar de establecer maiores controis na venda do produto recollido de xeito irregular.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí