
Pontevedra> O Pazo de Lourizán parece que segue dando moito de qué falar. Dende as filas do PP piden a Mosquera que explique por qué razón mudou o seu posicionamento e non quere ceder este espazo á Xunta. Dende o Goberno Local, pola súa banda, piden que dende San Caetano acometan un centro de investigación neste Pazo pero que o seu financiamento e titularidade sexa 100 por cen público.
O Pazo de Lourizán continúa dando de que falar. Dende o PSOE de Pontevedra presentarán una moción na que instan ao concello que garanta o carácter público deste espazo. Unha moción que apoian os nacionalistas pero con dous apéndices novos. Un deles no que piden que sexa o Goberno Galego o que cree un centro de investigación neste Pazo 100 por 100 público.
Pola súa banda dende as filas populares continúan insistindo na necesidade de que Mosquera de explicacións de porqué cambiou o seu posicionamento sobre este Pazo de Lourizán. Cando din que foi él mesmo quen dixo que non tería ningún inconvinte en cederllo á Xunta.
Un Pazo de Lourizán que continuará dando de qué falar o vindeiro luns no pleno da corporación con esta moción que presentan dende as filas socialistas e que todo parece indicar que contará cos votos a favor do BNG e En Marea e os votos en contra do Partido Popular.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/pazo_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/pazo_pontevedra.mp4{/flowplayer}











