Dous novos parques infantís encherán de actividade o norte e o sur da cidade

Pontevedra> Medíco Ballina e Campolongo contarán para o primeiro semestre do 2018 con sendos parques infantís nesas zonas de Pontevedra. Segundo informou esta mañá o concelleiro de obras da cidade, con estes dous grandes parques, sumado ao de Barcelos, quedaría listo o equipamento para xogo infantil na capital de provincia. 

 

O concelleiro de Obras informou esta mañá da posta a punto de dous novos parque na cidade. Un será o de Campolongo, que contará con tres espazos diferenciados, terá unha ocupación de 1700 metros cadrados e contará cun orzamento de 300 mil euros. 

O outro será o de Médico Ballina. Este será un parque de 1200 metros cadrados, que contará cun investimento de 90 mil euros. 

Dende o concello terán xuntanzas cos veciños e agardan poder licitar estes traballos ao longo deste 2017. Segundo Luís Bará con estes dous grandes parque xunto co de Barcelos o equipamento de xogo infantil na cidade estaría listo. 

Dende o concello din que todo vai a depender da adxudicación, pero tendo en conta que se licitará neste ano e que os prazos de execución para estes traballos non son amplos no primeiro semestre do 2018 Pontevedra contará con estes dous novos grandes parques na cidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/parques_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/parques_pontevedra.mp4{/flowplayer}