O BNG responsabiliza ó PP do incremento do paro na comarca

bngmurosnoia_220410.jpgMUROS/NOIA> O BNG de Muros-Noia vén de amosa-la preocupación pola evolución dos datos de desemprego referidos a esta comarca no último ano.

{flowplayer}barbanza/bngmurosnoia.flv{/flowplayer}

Partindo dos datos do Instituto Galego de Estatística, o BNG na comarca de Muros – Noia vén de amosa-la súa preocupación pola suba experimentada nos niveis de desemprego.

Segundo o responsable comarcal desta formación política dende que o PP gañou as eleccións autonómicas, en marzo de 2009, o paro nos concellos de Muros, Outes, Mazaricos, Noia, Lousame e Porto do Son aumentou en case un 8%, pasando dos 3.552 parados ós 3.795.

Manuel González sinalou ademais que estes datos son unha proba evidente da demagoxia coa que opera o PP, xa que cando accedeu ó Goberno da Xunta prometeu que ía reduci-las listas do paro.

Redacción Barbanza