BOIRO> Os de Fredi Álvarez non pasaban do empate a cero ante o colista do grupo. Os dous equipos chegaban coas mesmas necesidades a este partido, a loita pola permanencia na categoría. E esa necesidade de puntos notábase no ambiente e notouse tamén no partido, xa que os dous conxuntos xogaron máis ben a non querer perder, evitando riscos maiores. Dende un primeiro momento os boirenses asumiron o control do partido, pero sen apenas chegada á área rival. Na primeira metade uha das mellores opción para o Boiro chegou da man do seu dianteiro Pedro Beda, que non foi quen de definir nunha acción só contra o porteiro. Na segunda metade máis do mesmo. O Boiro saiu con un pouco máis de mordiente, pero as ocasións tampouco chegaron. Se cadra as máis claras neste tempo nas botas de Gonzalo, ben atallada por Molina, ou Manu Rodríguez, que tampouco conseguíu perforar a meta local. Con este punto, o Boiro suma 28 puntos, e segue situado no posto décimo sexto da clasificación, fóra da zona de descenso directo pero si na de play off. Polo que respecta ó resto de resultados dos equipos galegos destacar a vitoria do Racing de Ferrol no outro derbi da xornada contra o Pontevedra por un gol a cero. O celta B caía en Burgos, dous a cero, e o Coruxo gañoulle ó Izarra por dous goles a un, con remontada nos minutos finais do encontro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia