A ARE deixará de organizar a Festa da Xouba

    RINXO> As razóns para a toma desta decisión responden básicamente á falla de apoios para poder organizala. Pasa por ser unha das festas gastronómicas de maior sona e tradición na comarca. Aínda así a festa da xouba de Rianxo, que organiza cada 25 de xullo a patronal local, podería agora deixar de celebrarse, tras máis de 24 anos. A falla de axudas parece ser unha das principais razóns que levou á toma desta decisión, ó ser as perdas acumuladas cada vez maiores, e as xa de por si maltreitas arcas da entidade, non poden asumilas. Na última asamblea xeral acordaron non destinar máis fondos para a celebración, xa que se trata dunha actividade que non supón beneficio algún para os empresarios e traballadores autónomos que a conformanactualmente . No Concello xa son sabedores desta decisión, afirmando que no seu momento valorarán a posibilidade de poder organizala, ó considerar que se trata dun evento de gran repercusión turística para a vila.