Ana Peleteiro revalida o título de Campioa de España de triple salto en pista cuberta

    RIBEIRA> Ana Peleteiro revalidou esta pasada fin de semana en Salamanca o título de Campioa de España de Triple Salto en Pista Cuberta. Fíxoo cun salto de 13’67, superando a Patricia Serrapio e Andrea Calleja, que por esta orde subiron tamén ó podio. A atleta ribeirense parace ter superado os problemas de lesións que a apartaron da competición nos últimos meses. En Salamaca acabou tamén con molestias físicas, que lle impediron ademais mellorar a súa marca, ó ter que renunciar ós seus tres últimos saltos. Non foi necesario, xa que ningunha das súas rivais foi quen de superar os 13’67 do seu segundo salto. A súa próxima cita serán os Europeos de Belgrado, para os que xa obtivo marca mínima.