A Fundación Rosalía presenta en Rianxo a nova revista ‘Follas Novas’

    RIANXO> Trátase do primeiro número desta publicación de estudos rosalianos que dirixe o Xosé Luís Axeitos. A Fundación Rosalía de Castro elixiu Rianxo para a presentación da revista ‘Follas Novas’, a nova publicación de estudos rosalianos editada por esta institución e que dirixe o Xosé Luís Axeitos, filólogo e membro da Real Academia Galega. O acto desenvolveuse no propio auditorio municipal, no que además do director da revista participaron a coordinadora deste primeiro número, Pilar García Negro; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira e tamén os alcaldes de Rianxo e Patrón, Adolfo Muíños e Antonio Fernández Angueira, respectivamente. Neste primeiro número de ‘Follas Novas’, que se publicará con periodicidade anual, atopamos artigos e investigacións dos principais expertos en Rosalía de Castro, tanto a nivel nacional como internacional, como é o caso de Kathleen March, da Universidade de Maine en Estados Unidos, Carme Fernández Sanjulián da Universidade da Coruña, ou a propia Pilar García Negro, entre outros. Ademais de en papel a publicación está tamén disponible para poder descargar en pdf os seus contidos na web da Fundación, http://rosalia.gal. Con anterioridade desenvolveuise tamén un acto institucional diante da estatua de Rosalía de Castro na vila rianxeira, no paseo da Ribeira. O acto rematou tamén coa lectura de diversos poemas da autora padronesa.