Peso específico do Barbanza nas listas do BNG con catro candidatos

    BARBANZA> Catro barbanzáns integran as listas de Nós Candidatura Galega para as eleccións do vinte e seis de xuño. Ademais do cabeza de cartel pola Coruña, Carlos Callón, concorren como suplentes ó congreso Cristina Andrade e Xosé Deira. O ribeirense Vázquez Cobas será candidato ó senado. Barbanza conta cun peso específico nas listas elaboradas polo BNG para mellorar os resultados electorais na cita deste mes. Ademais do número un pola Coruña, o ribeirense Carlos Callón, figuran na candidatura ó congreso a pobrense Cristina Andrade e o ex alcalde de Boiro, Xosé Deira. Na papeleta polo senado figura tamén un nome barbanzán: o do voceiro ribeirenses Xosé Antón Vázquez Cobas. A intención de Nós Candidatura Galega é obter representación na cámara alta co fin de dar voz a Galicia. Como exemplo puxeron o labor realizado polo ex deputado do BNG Francisco Jorquera quen conseguiu importantes investimentos para a comarca.