O Coruxo será o rival do Boiro este domingo

    BOIRO> O Club Deportivo Boiro vivirá esta fin de semana un novo derbi coa esperanza de sumar tres novos puntos para poder escapar dos postos de perigo. Segundo derbi galego en dúas semanas para o Club Deportivo Boiro. Esta vez enfrontaranse ó Coruxo, un equipo que xa está asentado dende hai varias temporadas na categoría de bronce do fútbol nacional. Os de Fredi Álvarez esperan volver este domingo á senda do trunfo, na liña do último partido celebrado en Barraña que supuxo a vitoria ante a Cultural Leonesa. Separados na clasificación por unha diferenza de dez puntos. Os vigueses son oitavos con 38 e os boirenses décimo sextos con 28. Os dous equipos vivirán este partido de poder a poder. Os primeiros para seguir escalando posicións de cara a asentarse nos postos altos da da mesma e os segundos cas necesidades de escapar das posición que condenan ó final de tempada ó descenso de categoría. O inicio do encontro está fixado para as cinco da tarde. Polo que respecta ó resto de equipos galegos nesta categoría destacar tamén o partido que enfrontará en Pasarón ó Pontevedra e ó Burgos. Os granates pretenden rómpela racha de cinco partidos consecutivos sen conseguir a vitoria. Os outros enfrontamentos serán Celta B-Lealtad, Izarra-Racing de Ferrol e Arandina-Somozas.