Un novo vertido tingue de branco a dársena rianxeira

    vertidorianxo.jpgRIANXO> Neste caso tratouse dunha gran mancha de graxa que afectou á zona dos peiraos da T e Setefogas. O suceso alertou a numerosos veciños.

    {flowplayer}barbanza/vertidorianxo.flv{/flowplayer}

    Esta non é a primeira vez que se produce un vertido nesta zona, ubicada nas inmediacións do paseo da Ribeira, entre os peiraos da T e de Setefogas. Segundo os propios veciños que se percataron do acontecido, e que deron a voz de alarma, tratábase dunha mancha de graxa de cor branca da que se descoñecía a súa procedencia. En anteriores ocasións, o problema viña derivado do mal funcionamento da rede de saneamento municipal. Un problema que veñen denunciando da confraría de pescadores da localidade dende hai tempo, sen que as distintas Administracións con competencias na materia, fagan nada por remedialo.

    Malos olores

    Á par deste problema, os veciños de Rianxo tamén se queixan dos malos olores existentes durante os últimos días na vila, fundamentalmente en zonas próximas ó paseo marítimo.

    Redacción Barbanza