Boiro, epicentro da arqueoloxía durante a fin de semana

    BOIRO> Boiro converteuse esta fin de semana no epicentro da arqueoloxía a nivel estatal. A décimo primeira edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza congregou na Casa da Cultura da localidade a recoñecidos profesionais e investigadores de toda España. A colonización fenicia, a arte peleolítica mediterránea, os poboados castrexos, as necrópolis galegas…son algúns dos viaxes no tempo que percorreron os máis de 300 asistente ó Encontro Arqueolóxico do Barbanza, sen saír da Casa da Cutlura boirense esta fin de semana. Esta décimo primeira edición dos xornadas serviu para consolidar este encontró como un dos principais de toda a península. A delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde boirense, Xoan Xosé Dieste, acompañados pola concelleira de Cultura, inauguraron unas xornadas nas que durante a fin de semana nas que participaron destacados especialistas e catedráticos chegados de distintas comunidades autónomas, tal e como destacou o profesor José Fernandez Maneiro, coordinador de actividades da Consellería da Cultura, ou Ramón Fábregas, Catedrático de Prehistoria da USC. oalcalde boirense reafirmou o compromiso do concello no apoio ás distintas investigación arqueolóxicas do municipio. Fábregas, puxo en valor o papel da arqueoloxía en xeral, e do Encontro boirense en particular, para a aprotar datos non só do pasado, senón do presente. Ó remate das exitosas xornadas, o equipo do Centro Arqueolóico do Barbanza, capitaneado por Victor Bartbeito, comezaba xa a traballar no encontró do próximo ano,