Premio millonario en Boiro

    BOIRO> O sorteo do Euromillóns volveu tocar na comarca do Barbanza. Nesta ocasión non foi o premio de primeira categoría pero o dono do boleto agraciado gañará nada máis e nada menos que un millón de euros. Aínda que non se coñecea a identidade do afortunado, a papeleta foi selada na administración Bocacho de Ouro, en Boiro. Foi un dos cinco códigos premiados en España dentro do Sorteo especial O Millón Plus de Euromillóns, celebrado a noite do venres. Era a primeira vez que se repartían cinco premios dun millón de euros desde que cambiaran as características do xogo, a cambio dunha aposta de 2 euros e medio. Os outros catro agraciados adquiriron os boletos en Almería, Xixón. Xirona, e Xaén.