A campaña marisqueira en Noia arrancará o seis de outubro

    NOIA> As expectativas non son moi alentadoras, xa que a maior parte do berberecho non dá a talla para a súa comercialización. Máis de mil cincocentos mariscadores volverán ó traballo o próximo luns seis de outubro. Esta foi a data que acordada no pósito noiés para o reinicio da actividade. E aínda que o sector ten postas moitas esperanzas, todo parece indicar que se vai tratar dunha campaña regular, xa que a maior parte do berberecho existente nas concesións non dá a talla regulamentaria para a súa comercialización. Ante a escaseza de marisco de bo tamaño, as esperanzas dos produtores están postas nos prezos e que estes acaden valores importantes. Outro dos temores dos mariscadores é a toxina, e que esta lles impida desenvolver unha campaña con normalidade, obrigándoos a ter que interromper a actividade. Fontes do pósito noiés informaron de que mañá martes está previsto realizar, a través dunha empresa externa, novos controis ó marisco, para confirmar que o bivalvo reúne tódalas garantías.