A intermodalidade en Pontevedra custará 4 millóns de euros

Pontevedra> Xunta de Galicia e concello de Pontevedra reuníronse esta mañá para falar sobre o futuro da estación intermodal na capital de provincia. Tras este encontro, que durou unha hora e media, ambas administracións coinciden no proxecto, crear un espazo único conectando a estación de autobuses e a do tren. Queda agora por definir o financiamento destes traballos que tería un custe aproximado de 4 millóns de euros. O estudo de tráfico encargado polo Goberno galego confirma a viabilidade da proposta realizada polo Concello para que a entrada e saída á estación pase por realizarse dende a Avenida Josefina Arruti. Un cambio, que segundo o vicepresidente da Xunta, encarecerá un millóns de euros o proxecto. Un millóns de euros ao que tería que facer fronte o concello de Pontevedra. Alfonso Rueda explicou que a Xunta propuxo ao Goberno municipal a sinatura dun convenio para financiar de forma conxunta os catro millóns de euros que custaría a intermodalidade en Pontevedra. O concello estudará durante os vindeiros 7 días esta posibilidade despois de consultalo cos servizos económicos municipais. De saír adiante este acordo o obxectivo é que esta estación intermodal en Pontevedra conte xa con partida no orzamento da Xunta do 2018. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/27/estacion_intermodal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/27/estacion_intermodal.mp4{/flowplayer}