A Mancomunidade de O Salnés como modelo de xestión para unha corporación valenciana

    CAMBADOS> Un grupo de membros da Mancomunidade de Rivera Alta y Rivera Baja están a visitar O Salnés. Este grupo de valencianos recalou este martes en Cambados, onde foron recibidos por representantes da Mancomunidade de O Salnés. Neste encontro visitantes e locais compartiron impresións do funcionamento de ambas mancomunidades e buscaron posibilidades de trasladar algúns mecanismos da de O Salnés a súa corporación. O bo funcionamento da Mancomunidade de O Salnés non é un segredo para os concellos da comarca, da provincia, ou de Galicia. Pero que dirían si hoxe lles contaramos que un grupo de membros dunha corporación similar, pero neste caso da Comunidade Valenciana se reuniron cos membros da mancomunidade para coñecer máis a fondo o seu funcionamento. Iso foi o que aconteceu este martes en Exposalnés. Membros da Mancomunidade de Rivera Alta e Rivera Baja na Comunidade Valenciana aproveitaron este viaxe para coñecer O Salnés e de paso o funcionamento da súa mancomunidade. Unha segunda toma de contacto que chega despois de que ambos organismos coincidiran en Fitur. Unha visita motivada polo interese de coñecer de primeira man o funcionamento desta asociación de municipios, e a posibilidade de trasladar mecanismos de traballo a corporación visitante, tales como o saneamento, o parque de maquinaria da entidade comarcal ou a Escola de Hostalería de O Salnés. Un novo encontro que se engloba dentro das actividades de promoción do ente comarcal para dar a coñecer O Salnés e o seu funcionamento comarcal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/exposalnes_mancomunidade_visita_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/exposalnes_mancomunidade_visita.mp4{/flowplayer}