O CETS presenta a súa central de compras con Quantum

     SANXENXO> O Consorcio de Establecementos Turísticos de Sanxenxo ven de crear unha central de compras da que poderán beneficiarse os seus socios.

    {flowplayer}images/salnes/central_compras_cets.flv{/flowplayer}

    A CETS ven de presentar esta iniciativa que xurde gracias ó acordo con Quantum; a compañía antes coñecida como Catalonia de Compras e Servicios. Quantum abrangue a máis de 800 proveedores de primeira liña co que abastece a máis de seiscentos hoteis de España e de outros países sudamericanos.

    Aquí, os empresarios da hostalería sanxenxina poderán atopar canto precisen para a súa actividade profesional. Amais desta central de compras, a CETS aproveitou esta reunión do sector para falar doutros temas moi importantes para eles nestes tempos: o da protección de datos e o da xestión do turismo en tempos de dificultade económica.

    E difícil parece que vai a ser este verán para o turismo nas Rías Baixas e máis se o tempo non acompaña. Ó fío da polémica polas prediccións meteorolóxicas dos franceses para este estío, os de Sanxenxo aseguraron estar tranquilos posto que a opinión do Home do Tempo en Galicia é para eles a que conta.

    Redacción Salnés