Noia debate esta noite os presupostos máis alto da súa historia

    NOIA> Nestes momento o concello de Noia está a celebrar o pleno no que se debates os presupostos para este 2017. O goberno local presentou esta mañá públicamente uns orzamentos que alcanzan 11 millós e medio de euros, o que significa, 1,3 millóns máis que as últimas contas aprobadas. Dous anos levaba o concello noiés sen aprobar uns presupostos novos . Ás oito e media comezaba o pleno no que se presentan as novas contas. Uns orzamentos que chegan con polémica xa antes do debate, despois de que o BNG do concello os cualificase de ostentosos e partidistas e anunciara a súa votación en contra. Esta mañá o mandatario noiés, acompañado polo concelleiro de Facenda e a de Servizos Sociais, fixo públicas unas partidas que históricas, que chegan ós once millóns e medio de euros. Isto supón un incremento de 1.300.000 respecto das anteriores. As altas cifras conséguense grazas, principalmente, ás aportacións chegadas de outras administración. Un orzamento expansivo que cehntra as súas partidas máis importantes no turismo, saneamento e servizos sociais, tal e como relatou a concelleira desta área. Entre os moitos proxectos que se levarán a cabo con ovo presuposto están, por exemplo, a construcción do novo museo do mar, a recuperación do Edificio Casino, o novo polideportivo de Bergondo ou a recuperación da antiga fábrica da Chaínza, ademáis de numerosas melloras en diversas instalacións municipais. A conciliación familiar, a través do plan madruga, ou o traballo, a través de novos obradoiros e plans de emprego, son outros dos proxectos que se destacan nos novos presupostos que a estas horas se debaten en sesión plenaria.